ROBERTO VIDAL BOLAÑO

LENGUA Y LITERATURA PRIMARIA

INTRODUCCIÓN

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

Como xa moi ben  sabedes este ano dedícaselle o día das letras galegas a Roberto Vidal Bolaño. Autor, actor e director de teatro galego. Considérase o pai do teatro profesional galego. O seu desexo era dirixir cine, pero a ausencia dunha industria audiovisual fixo imposible o seu soño. Na televisión e no cine actuou, dirixiu, dobrou, escribiu guións...Destaca, ademais, a súa faceta como monologuista.